Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O venres continua a sementeira de ameixa na Enseada de San Simón

RR_Noticias

Por segundo ano consecutivo a Confraría de Redondela e Arcade poñen en marcha esta inciciativa que lles permitirá obter entre 8.000 e 9.000 quilos de ameixa xapónica que estarán a venda para o Nadal.

As tarefas de repoboación na Enseada de San Simón comezaron o 31 de xullo na zona da Portela co levantamento de 1.200 quilos de ameixa xapónica que foron trasladadas ao Cabalo para o seu engorde. O marisco, orixinario de Santander, fora sementado hai un ano na zona da Portela onde acadou unha talla de 30 milímetros. Agora o molusco pasará aos fondos mariños do Cabalo para que remate o proceso de crecemento e acade a talla mínima permitida. Esta é a primeira fase dun proceso que se prolongará ao longo de todo o mes de agosto e que ten como obxectivo chegar a unha produción de 360 quilos desta especie. Os traballos estanse a realizar conxuntamente entre a Confraría de Redondela e a de Arcade. Na primeira xornada participaron 30 mariscadores que repetirán esta tarefa este venres 7 de agosto. Unha práctica que se está a desenvolver nos últimos dous anos na enseada de San Simón, segundo o Patrón Maior da Confraría de Redondela, Clemente Bastos, polos bos resultados que se obteñen, tanto pola calidade do marisco como pola cantidade da produción, xa que a ameixa xapónica ten un prezo económico e adáptase ben as condicións da zona da Enseada. Para podelas atopar nos mercados teremos que esperara ata o Nadal, cando as confrarías prevén que a ameixa chegue á talla mínima permitida, os 40 milímetros.

Clemente Bastos
O patrón maior da Confraría de Redondela explica en que consiste o proceso.
Clemente Bastos estimacións produción
Este ano esparan recoller entre 8.000 e 9.000 quilos de ameixa xapónica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará