Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro aumentou en Redondela no último ano máis do 35%

RR_Noticias

Desde xuño do pasado ano o número de desempregados no noso concello incrementouse en 615 persoas. O sector da construción e dos servizos son nos que máis aumentou a taxa de paro. Unha suba que non só se está a dar en Redondela senón tamén nos municipios de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

No último ano o número de desempregados incrementouse un 35% nos concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Desde xuño do 2008 a xuño deste ano o número de persoas anotadas ás listas do INEM pasou das 2.675 persoas ás 3.616 segundo os datos da Consellería de Traballo. No caso de Redondela en xuño do 2008 o número de desempregados era de 1.730 persoas mentres que en xuño deste ano incrementouse ata os 2.345, o que supón unha suba do 35,5%. Este incremento foi maior en Soutomaior no que creceu un 36,5%. En Pazos de Borbén situouse no 34% e o concello de Fornelos foi no que se rexistrou unha suba máis moderada no número de desempregados, cun incremento do 27%. Por sectores, a construción e os servizos son os que máis paro acumulan. Así, en Redondela había 171 parados na construción en 2008; a xuño deste ano suman 272, un 60%. No sector servizos, dentro do termo municipal de Redondela, hai doce meses eran 776 os parados; agora alcanzan os 1.169, un 50% por riba. Na situación contraria atopamos a agricultura, na que neste período de tempo sufriu un lixeiro descenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará