Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O departamento de normalización lingüística de Redondela considera que os resultados da enquisa non xustifican a derrogación do decreto do galego.

RR_Noticias

A técnica do departamento, Eva García, considera que os datos dos centros públicos e privados deben ser analizados por separado xa que os resultados varían notablemente entre os resultados das enquisas nun e noutros centros.

A responsable de normalización do concello de Redondela, Eva García, entende que os datos resultantes da consulta feita pola Consellería de Educación aos pais pode ter distintas valoracións pero nunca a derrogación do decreto. Destacou que a enquisa tivo máis incidencia nos centros de ensino privados que públicos polo que os datos terían que ser valorados por separado en cada un dos centros, públicos, privados ou concertados, xa que as porcentaxes varían entre ambos. O método empregado para facer a enquisa, consultar só aos pais que teñen fillos matriculados, non ter realizado unha campaña informativa previa a consulta e desenvolvela xusto despois dos comicios do un de marzo, son as principais críticas que achegan dende o Departamento de Normalización Linguística de Redondela e lembran que o Plan Xeral de Normalización Lingüística, de onde sae o Decreto que agora quere derrogar o Goberno do Partido Popular foi aprobado por unanimidade por todos os grupos políticos no ano 2004, co apoio do PP, no que xa daquela estaba Alberto Núñez Feijoo. Polo momento os departamentos de Normalización Lingüística non se posicionaron conxuntamente sobre os resultados, segundo apunta Eva García, haberá que esperar ata o mes de setembro cando os distintos departamentos de normalización, así como asociacións de pais, sindicatos e partidos, se reúnan para decidir a súa postura sobre os resultados da enquisa e as iniciativas a adoptar dependendo da actuación da Xunta. O actual decreto continuará vixente durante o vindeiro ano, polo que tanto os libros como as materias que se impartirán en cada unha das linguas, galego ou castelán, serán as mesmas que durante este curso 2008-2009.

Eva García
A responsable de Normalización Lingüística do concello aposta por analizar os datos de centros públios e privados por separado.
Eva García haberá que esperar a setembro
En setembro reuniranse os departamentos de normalización para posicionarse e actuar.
Eva García derrogación decreto
Considera que os resultados da enquisa non xustifican a derrogación do Decreto do Galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará