Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un século de historia fotográfica en Saxamonde

RR_Noticias

A parroquia celebra esta fin de semana a II Festa do Viño da Casa cun programa no que ademais da degustación de caldos caseiros se inclúen actividades musicais e a inauguración da mostra fotográfica “Xente, momentos e lugares de Saxamonde”  

A área recreativa de Chan das Pipas acolle durante esta fin de semana a celebración da II Festa do viño da casa, na que participan un total de seis productores da zona. As actividades previstas arrancarán ás seis da tarde do sábado coa apertura das casetas de degustación nas que ademais do viño se ofrecerán pratos variados de carne ao caldeiro, polbo e empanada, todos eles a prezos populares. A festa, organizada pola Asociación cultural da parroquia inclúe a mostra fotográfica “Xente, momentos e lugares de Saxamonde” na que se recollen imaxes de veciños da parroquia que de xeito desinteresado colaboran coa iniciativa que pretende ser un fondo documental do último século. Xa partir das 20:00 horas haberá baile cunha demostración de baile moderno e pasarrúas co grupo “Os de sempre” de Lavadores. A xornada rematará coa música das Pandereteiras “Arela” e “As Tarambainas”. O humor porano os Carunchos. A festa continuará o domingo, ás 11.30 horas abriranse novamente as casetas de degustación. Unha hora e media despois haberá sesión vermú que estará amenizada pola Orquestra de Saxos de Redondela e ás 14.00 horas celebrarase o xantar popular. Pola tarde, a partir das 17.30 horas, a Asociación Chan das Pipas organiza xogos tradicionais e populares para cativos e maiores e o peche correrá a cargo dos monicreques da agrupación Tanxarina a partir das 19.30 horas.

Paulo Jablonski membro da asociación Chan das Pipas
Este ano o número de produtores incrementouse a seis
Paulo Jablonski
A exposición recolle imaxes de xentes momentos e lugares da parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará