Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello recoñece que as obras do AVE incumpren o informe de impacto ambiental

RR_Noticias

O goberno local aplaude a decisión dos veciños de San Estevo de Negros de recorrer ao Xulgado ante os continuos prexuízos que veñen padecendo dende que se iniciaran as obras hai máis dun ano no Val do Maceiras

O Concelleiro de Urbanismo e responsable da comisión de seguimento das obras do AVE, Emilio González Iglesias asegura ser consciente de que de xeito reiterado as empresas que están a traballar na entrada do túnel no val do Maceiras incumpren o recollido no informe de impacto ambiental. De feito, asegura que dende o concello en numerosas ocasións téñense dirixido por escrito ao Ministerio para esixir entre outras cuestións que se respetase o dereito ao descanso dos veciños de Negros así como as medidas de protección que se especificaban na declaración de impacto ambiental. Con todo, pese as diferentes peticións do goberno local, as empresas adxudicatarias das obras continúan con estes incumprimentos, o que levou aos veciños afectados a presentar un requirimento no xulgado denunciando os traballos nocturnos así como as emisións de po con sustancias contaminantes. O Concelleiro de urbanismo aplaude esta decisión porque segundo asegura é un dereito dos afectados e “facilita o funcionamento da comisión de seguimento das obras, xa que agora moitos dos temas que se trataban na comisión quedan a expensas do que se decida no xulgado”.

Emilio González Iglesias concelleiro de urbanismo
O concello dirixiuse en varias ocasións ao Ministerio ante o incumprimento reiterado da normativa
Emilio Gonzélez Iglesias
O edil aplaude a decisión dos veciños de recorrer ao xulgado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará