Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova manifestación en Chapela contra a ampliación da AP-9

RR_Noticias

A asociación de afectados pola ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso pola parroquia de Chapela convoca estar tarde unha nova mobilizacións polas rúas da parroquia para mostrar o eu rexeitamento contra o proxecto de Fomento.

A protesta partirá ás 21:00 horas dende o Alto da Encarnación en dirección cara Vigo pola Avenida de Redondela. Unha vez no límite coa cidade olívica dará a volta para concentrarse no pavillón de Chapela. Os veciños lembran así unha vez máis os prexuízos que a ampliación da autoestrada conlevaría nunha parroquia xa moi castigada polas infraestructuras e insisten en que incrementar a capacidades da vía non solucionará o problema de tráfico existente. Critican ademais o comportamento das administracións, tanto local, autonómica como estatal, ás que acusan de non informar aos veciños. A pasada semana os veciños levaron a súa protesta a Santiago de Compostela onde protagonizaron unha concentración ante as portas de San Caetano.

Francisco Puch presidente da comisión de afectados
A manifestación partirá ás 21:00 horas do Alto da Encarnación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará