Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música rock e folk no III Arde Rande

RR_Noticias

Os grupos Nocheni, Retroblues, The Silence e Malas Pulgas abren o festival organizado pola Asociación Cultural e Deportiva de Rande que inclúe este ano a celebración dun serán popular

A terceira edición do festival Arde Rande arranca na noite de hoxe cun concerto de rock. As 22:00 horas subiranse ao escenario os grupos locais Nocheni, Retroblues e The Silence así como a agrupación do Morrazo Malas pulgas.Un concerto de balde que se desenvolverá baixo a ponte e onde haberá unha barra que ofrecerá bebidas a prezos populares para, segundo explicaban dende a Asociación Cultural e deportiva organizadora do evento “evitar o botellón”.Mañá sábado a partir das sete da tarde celebrarase un serán popular con gaiteiros, baile e tapas gratuitas para todos os que se acheguen. Este I Serán organízase a petición dos propios veciños que demandaban unha actividade conxunta para grandes e cativos.  

Juan José Comesaña
A asociación cultural de Rande organiza o concerto desta noite

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará