Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Accidente mortal nas obras do AVE en Arcade

RR_Noticias

Un topógrafo de Salvaterra de 27 anos de idade falece arrolado por un camión nun accidente laboral que se producía minutos antes das dúas da tarde

Os feitos producíanse ás 13:55 horas do mércores no interior do túnel da Xesteira de 700 metros de lonxitude que a empresa Comsa está escavando en Soutomaior. O mozo atopábase no interior do túnel cando un camión que traballaba nas obras deu marcha atrás e esmagou ao traballador contra a parede.
O operario foi retirado do túnel pola propia ambulancia da obra e a pesar dos intentos por reanimalo ingresou xa cadáver no hospital.
As obras en execución do túnel foron paralizadas mentres se investigan as causas do sinistro, un caso que lle corresponde ao Xulgado número 2 de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará