Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

70 mozos participan no III encontro da mocidade de Soutomaior

RR_Noticias

A Concellería de xuventude celebra hoxe xoves e mañá venres unha nova edición do encontro baixo o título “Entreculturas”

Un total de 70 mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos participan durante dous días no III encontro da xuventude que este ano está centrado na comunicación entre culturas. Así, os participantes traballarán na creación e caracterización de personaxes baseados nas diferentes culturas do planeta.Baixo o título “saboreando o mundo” mañá venres celebrarán unha festa multicultural onde haberá música e gastronomía dos cinco continentes.Condución eficientePor outra banda, a oficina de información xuvenil ten aberto xa o prazo de incrición para participar nun curso práctico de condución eficiente que se vai desenvolver os días 7, 8 e 9 de setembro. os participantes aprenderán a conducir dun xeito máis eficiente para aforrar enerxía o que se traducirá nun aforro económico pero tamén nunha menor contaminación.Para anotarse poden achegarse directamente á OMIX no multiusos de Arcade ou ben chamar ao teléfono 986 700 822

Sonia Pintos "entreculturas"
A técnica da OMIX fala dos oradoiros que se realizarán no III encontro da mocidade
Condución eficiente
Aforrar cartos e contaminar menos ao volante

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará