Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 200 corredores participarán este domingo na II carreira popular Vila de Redondela

RR_Noticias

Os participantes realizarán un percorrido de seis kilómetros que partirá dende o centro da vila en dirección a praia da Punta.

A piscina municipal en colaboración coa concellería de deportes organizan o vindeiro domingo día 28 ás 10:30 horas a II carreira popular vila de Redondela. Os participantes deberán percorrer seis kilómetros polas principais rúas do centro para continuar posteriormente ata a Punta da praia de Cesantes onde os corredores darán a volta para regresar ao punto de orixe, onde estará situada a meta.
Os interesados en participar nesta carreira poden formalizar as súas inscricións, de xeito gratuíto, ata as 14:00 horas do día 27 de xuño, na Piscina Municipal de Redondela ou no correo electrónico Redondela@serviocio.es . Para mais información pode chamarse ao teléfono da piscina   986 400 586, ou visitarse a web www.correrengalicia.org onde hai un enlace no que se informa sobre o recorrido.
A organización establece premios consistentes en  trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, un regalo para o último clasificado e un detalle para o primeiro abonado da Piscina Municipal de Redondela en chegar a meta.
A carreira foi presentada na mañá de hoxe nun acto no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Carlos González Fernández, e o director da Piscina Municipal, José Bamio, quen sinalou que “o ano pasado participaron na carreira arredor de cen corredores, este ano xa están anotados douscentos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará