Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alimentación saudable no Multiusos

RR_Noticias

Unha charla e unha degustación de produtos servirán para promover as boas prácticas na alimentación. Unha xornada sobre alimentación saudable que se vai desenvolver mañá xoves no Multiusos da Xunqueira ás 19:30 horas con entrada de balde.

A xornada comezará cunha charla coloquio impartida polo nutricionista e Presidente do Colexio Oficial de farmacéuticos de Pontevedra, Nicanor Floro Andrés.
A continuación a cociñeira profesional Helena Argúello elaborará in situ un menú saudable que será degustado polos asistentes.
Unha actividade organizada pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade que continúa así coas actividades englobadas  nun programa mías amplo que ten como eixo central a saúde e a promoción de prácticas encamiñadas a mellorar a nosa calidade de vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará