Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

80 proxectos na II Feira da Ciencia do IES Mendiño

RR_Noticias

Dende o pasado luns e ata as dúas da tarde de hoxe pódese visitar no Instituto Mendiño a II edición da Feira da Ciencia adicada esta ano a Darwin, científico que hai 150 anos publicara a súa obra máis importante “A orixe das especies”.

 
Entre as novidades deste ano atopamos a ampliación a todos os centros educativos da comarca, tanto de infantil, primaria como de secundaria da área de Redondela, no que pretende ser un intercambio entre os diferentes centros.
En total ao redor de 80 proxectos moitos deles interactivos e que serven para que o alumnado valore as aplicacións prácticas dos conceptos teóricos que reciben na aula, segundo explicaba o coordinador do proxecto e profesor de bioloxía, Carlos Fernández.
Hoxe mércores o grupo de teatro “ciencia divertida” de Santiago representará no multiusos de Redondela a obra “Naúfragos” cun profundo contido científico e adaptada a todas as idades. Unha actividade incluída dentro da programación da Feira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará