Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición no programa de conciliación “Trouleando en Soutomaior”

trouleando

O Concello pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación estival “Trouleando en Soutomaior”, unha iniciativa dirixida a facilitar a compatibilidade da vida laboral e familiar durante os meses de verán. A proposta, impulsada pola Concellería de Igualdade, está destinada a crianzas de entre 3 e 16 anos empadroadas no municipio.

O prazo de inscrición permanecerá activo ata o día 15, podendo realizarse a través da sede electrónica municipal. Ademais, as familias que precisen apoio para completar o proceso poderán acudir ás oficinas do Concello ou ao Centro de Benestar Integrado en horario de mañá.

O programa desenvolverase nas instalacións do Multiúsos de Arcade desde a última semana de xuño ata comezos de setembro, coincidindo co período non lectivo. En total, ofertaranse seis quendas, cada unha con 50 prazas, que abranguen diferentes temáticas lúdico-educativas como a exploración, o antigo Exipto, os inventos ou o cine.

En canto aos horarios, as familias poderán escoller entre varias opcións que van desde as 9:00 ata as 14:00 horas, con posibilidade de ampliación desde as 8:00 (aula matinal) e ata as 15:00 horas, co obxectivo de adaptarse ás distintas necesidades laborais.

A asignación de prazas realizarase atendendo a criterios de vulnerabilidade social e económica, priorizando, entre outros casos, ás familias monoparentais, persoas desempregadas, vítimas de violencia de xénero ou unidades familiares con rendas inferiores aos 23.000 euros anuais.

Esta iniciativa conta co financiamento do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, canalizado a través da Xunta de Galicia, e forma parte das políticas públicas orientadas a promover a igualdade e a conciliación no ámbito local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará