Hoxe é Luns 4 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Opmobility clasifícase para a fase de ascenso a primeira nacional tras gañar a Final Four en Chapela

sar

Final de infarto a que se vivía esta fin de semana no Pavillón Manuel González Soto en Chapela onde se disputaba a Final Four para decidir que equipo se clasificaba para a fase de ascenso a Primeira Nacional. Sería na prórroga e cun axustado 30-31 cando a Sar lograba facerse coa  vitoria ante o Seis do Nadal.

O equipo masculino da SAR proclámase por terceiro ano consecutivos campión da Final Four e fíxoo ante a súa afección que ateigaba o pavillón de Chapela e que puideron gozar dun partido emocionante de principio a fin. Máxima rivalidade na pista con igualdade constante no marcador entre a SAR e o Seis do Nadal, con vantaxes mínimas e tensión en cada ataque e con dous equipos que en ningún momento baixaron os brazos.

Na primeira metade os da SAR lograban chegar ao descanso cunha lixeira vantaxe (14-15). Trala reanudación, o equipo redondelá soubo xestionar o encontro durante gran parte do segundo tempo, pero o Seis do Nadal non se deu por vencido, manténdose a igualdade ata o final. O marcador chegaría aos 60 minutos cun igualado 27-27, o que levaría o partido á prórroga.

Novamente emoción no campo e na bancada, chegándose ao remate cun 30-31 pero cun penalti a favor do Seis de nadal que podía novamente poñen o empate no marcador. Actuación decisiva do gardameta Pablo Sánchez que foi quen de deter o lanzamento e confirmar a vitoria dos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará