Hoxe é Venres 1 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Somos do Clube, Chan das Pipas e Eidiños levan os primeiros premios nos Maios

20260501_122103

A Festa dos Maios volveu converter a Alameda Castelao nun escenario cheo de cor, música e retranca, cunha participación de máis de 300 nenos e nenas e un total de 14 maios en competición. Este ano participaron nas diferentes modalidades: Case non chegamos, Maio Sapiens, O Cruceiro dos Cortizos, O Cono do Chan das Pipas, Maio Somos do Clube, Rapazada da Farola, Vémonos na Cruz, A Tradición de Quintela, Trisquel, Eidiños, Cono de Laredo, Rapazada, Maio Laredo e Xa cheira a fiuncho.

Estivo tamén marcado, como é habitual, polo ton reivindicativo das coplas, nas que tiveron especial protagonismo cuestións como o rexeitamento ao proxecto de Altri, a guerra en Oriente Medio, o turismo e a crise da vivenda, a falta de médicos no Centro de Saúde de Redondela e as diferentes reivindicacións sociais de cada parroquia.

O gran protagonismo na categoría de coplas foi para Somos do Clube, que acadou o primeiro premio cun repertorio cargado de crítica local, seguido de Case non chegamos e Vémonos na Cruz

No resto de categorías, os premios quedaron repartidos entre Chan das Pipas (Maio Tradicional), Somos do Clube (Maio Artístico), e Eidiños (Interpretación), confirmando a diversidade e calidade das propostas.

Premiados por categoría:

Premio Maio Tradicional

1º Premio: Chan das Pipas; 2º Premio: Case non chegamos; 3º Premio: Trisquel

Premio Maio Artístico

1º Premio: Somos do Clube; 2º Premio: Maio Sapiens; 3º Premio: Rapazada da Farola

Premio Coplas

1º Premio: Somos do Clube; 2º Premio: Case non chegamos; 3º Premio: Vémonos na Cruz

Premio Interpretación

1º Premio: Eidiños; 2º Premio: Rapazada da Farola; 3º Premio: Quintela.

Desde a concellería de Cultura, ademais de outorgar unha axuda a cada maio participante, premia tamén aos mellores cun total de 12 galardóns, 3 en cada unha das categorías. O primeiro premio está dotado con 300 euros, o segundo con 250 euros e o terceiro recibe 200 euros. O xurado, integrado integrado pola xornalista Alicia Tizón, o filólogo Xosé Couñago e o presidente do Obradoiro de Estudos Redondeláns, José Antonio Martínez, tiveron a difícil labor de escoller aos galardoados nesta edición.

A alcaldesa, Digna Rivas, amosouse moi satisfeita polo éxito da convocatoria e subliñou o papel fundamental da infancia no mantemento desta festividade: “Ver a máis de 300 nenos e nenas implicados nesta festa é a mellor proba de que a nosa tradición segue máis viva ca nunca e garanten que os Maios de Redondela teñan un futuro espléndido”, sinalou.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará