Hoxe é Xoves 30 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e baile tradicional en Chapela no IV Serán da Escola de Música

serán

A Escola de Música de Chapela acolle este venres día 1 de maio a cuarta edición do seu Serán coa participación de máis de dez grupos de música e baile tradicional. A celebración vaise desenvolver no aparcadoiro do pavillón de deportes da parroquia a partir das 18.00 horas.
As agrupacións participantes serán as pandeireteiras de Semente Nova, o grupo de gaitas Os Xuveniles, Pambereteiras, Tirapuxa, o grupo de baile Anaquiños, Cans de Palleiro, Novos Aires de Couso de Gondomar, Aluarado Vilar, o grupo de gaitas do Círculo Cultural de Chapela e o de Froles Mareliñas, entre outros.
Haberá barras con bebida e comidas con chouripán, bocadillos de tortilla e empanadillas de diferentes sabores para que os asistentes recuperen forzas.
No caso de chuvia, a celebración trasladaríase ao Centro Social O Piñeiral, na propia Chapela, coa música no auditorio e as barras de comida e bebida na entrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará