Hoxe é Xoves 30 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR acollerá o sector infantil feminino

campioas

A Bomboneira volverá ser un ano máis epicentro do balonmán estatal coa celebración do sector nacional infantil feminino. A competición terá lugar entre o 14 e o 17 de maio e o equipo da SAR Rodavigo actuará como anfitrión. O evento volverá ser toda unha festa do balonmán no que as rapazas da SAR tentarán loitar por facerse cunha praza para a fase final do Campionato de España de Clubs na súa categoría.

Un obxectivo complicado xa que este torneo reúne aos mellores equipos infantís femininos do país. Así, as xogadoras redondelás, que chegan ao sector logo de obter o título de campioas galegas na  recente temporada, terán que enfrontarse ao equipo navarro de Loyola, as catalás de Granollers e as asturianas do BM GIjón, todos eles equipo de alto nivel no balonmán feminino.

A Federación española de balonmán confirmou nas últimas horas que o resto dos equipos galegos que conseguiron clasificarse terán que xogar esta ronda fóra da casa. Así, o 𝐂𝐚𝐟𝐞𝐭𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐉𝐚𝐫𝐝𝐢́𝐧 𝐁𝐮𝐞𝐮 𝐀𝐭𝐥. 𝐁𝐚𝐥𝐨𝐧𝐦𝐚́𝐧, o 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢𝐯𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐂𝐚𝐫𝐛𝐚𝐥𝐚𝐥 e o 𝐆𝐚𝐬𝐩𝐨 𝐎𝐜𝐜𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭 𝐁𝐦. 𝐂𝐚𝐧𝐠𝐚𝐬, terán que desprazarse ata Valladolid, Zaragoza e Tahiche, respectivamente, para disputar o seu sector.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará