Hoxe é Martes 28 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Doce mozos e mozas poderán participar no programa Fórmate na empresa

xuventude

A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha o programa Fórmate na empresa que permitirá a un total de 12 mozos de entre 18 e 30 anos de idade realizar prácticas en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo de acadar a súa incorporación no mercado de traballo. As persoas participantes recibirán unha bolsa de formación de 690 euros mensuais.

Os participantes realizarán estadías de formación en empresas ou entidades privadas ou públicas de sectores estratéxicos durante un período de tres/catro meses A finalidade deste Fórmate na empresa (antigo Xuventude Mentoring) é reforzar as posibilidades destes mozos e mozas para atopar traballo mellorando as súas habilidades e competencias profesionais. Julia Alonso é a técnica da Asociación de empresarios.

Para poder participar no programa é necesario estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non estar traballando nin estar matriculado nalgún nivel de ensino ou formación. Os participantes –un máximo de 12- poderán obter unha experiencia profesional e percibirán unha bolsa de formación de 690 euros mensuais.

As horas de formación serán como mínimo de 100 horas mensuais durante aló menos catro días laborais á semana durante uns tres ou catro meses. A maiores as estadías contarán tamén cun plan formativo complementario en habilidades e competencia para o emprego, cun mínimo de 20 horas lectivas

En Redondela os postos ofertados son de perfil moi diferentes e van dende un microbiólogo, caixeiro/repoñedor, persoal de almacén, dependente, administrativo ou programador 3D entre outros.

O prazo de solicitude comeza hoxe luns e remata o venres 15 de maio. Poden acceder a toda a información no enlace da Asociación de Empresarios ou nos teléfonos 986 40 40 12 e 658 59 23 32.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará