Hoxe é Mércores 15 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela imponse nas categorías absolutas do Campionato Galego de Bateis

671201471_1562485959216016_8479809688526925001_n

O Club de Remo Chapela logrou dúas vitorias nas categorías absolutas do Campionato Galego de Bateis, que se disputou de forma concentrada en A Pobra do Caramiñal. A alerta meteorolóxica anunciada obrigou a adiantar as finais, e permitiu ao equipo berete impoñerse tanto na regata masculina —por diante de Vilaxoán e Cabo de Cruz— como na feminina —superando a Vilaxoán e Tirán—. A tripulación laranxa das mulleres segue así o camiño cara repetir o título galego absoluto.

No resto de categorías, o club sumou dous bronces máis, un en xuvenil feminina e outro en cadete masculina. Samertolameu de Meira acadou catro podios con dous triunfos (sub-23 e alevín masculinos) e dous segundos postos en infantís; Tirán colleu tres, co terceiro en sénior feminina, o ouro en infantil feminina e outro bronce en cadete masculina; Vila de Cangas levou dúas vitorias (xuvenil feminina e infantil masculina), e Robaleira rematou quinta na final xuvenil feminina.Mentres que que o CCD Cesantes Rodavigo conseguiu chegar ás semifinais do Galego con dúas embarcacións: xuvenil feminina e sub-23 masculina pero sen lograr o pase ao estatal.
O Campionato de España de Bateis celebrarase os días 18 e 19 de abril en Legutiano (Vitoria), un espazo natural de gran valor paisaxístico e deportivo, con presenza dos remeiros e remeiras de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará