Un furancho de Redondela vén de ser multado con 45.000 euros en total por ter oito traballadores sen dar de alta na Seguridade Social. O xuiz admite que este tipo de establecemento tradicional pode ter persoal familiar axudando gratis pero, neste caso, tratábase de empregados que cobraban 45 euros por xornadas máis propinas.
O tribunal da sección social de Vigo, confirma para este furancho oito multas de 5.625 euros impostas polos inspectores de Traballo e a Seguridade Social. Os feitos terían sido corroborados por persoal funcionario que en 2024 que realizaron unha inspección na cociña e garaxe da vivenda que se emprega como furancho e que conta cunha finca exterior onde están instaladas as mesas e cadeiras a modo de merendeiro.
Malia o recurso presentado polo propietario argumentado que os traballadores realizaban tarefas de apio ou axuda, o maxistrado recalca que “non se pode asumir que desplegaran traballo de benevolencia ou boa vontade, voluntariado ou axuda, xa que a actividade económica está ben definida” polo que confirma a multa da Tesourería da Seguridade Social.









