Hoxe é Martes 24 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Impernoroeste levou o derbi fronte as Pastoriza Choqueiras

657521481_1512868727514716_3207227428897028596_n

Foto de Estación Balonmano // Patry Rivas

Segunda Autonómica Feminina

SAR IMPERNOROESTE- PASTORIZA CHOQUEIRAS (39-25)

A Bomboneira viviu esta fin de semana un derbi redondelán entre SAR Impernoroeste e Pastoriza Choqueiras. A pesar de que as visitantes se adiantaron nos primeiros minutos (3-5, minuto 6), as locais reaccionaron con rapidez, deron a volta ao marcador e dominaron o encontro, chegando ao descanso cunha vantaxe de 19-14.

Na segunda metade, cunha maior fluidez en ataque e un sólido traballo defensivo para conter os intentos do rival, o equipo da SAR foi ampliando a diferenza ata pechar o partido cun claro 39-25.

Tras o parón, o SAR Impernoroeste visitará a pista do Balonmán Arousa e As Choqueiras recibirán ao Liron Store Bueu Atlético Balonmán o 12 de abril.

O Cíes Obra Civil Balonmán Chapela descansou nesta xornada e retomará a competición tras Semana Santa fronte ao BM Abegondo.

División de Honra Prata Feminina

A SAR Rodavigo viaxou esta fin de semana ata Madrid para medirse ao Getasur nun encontro que non deixou boas sensacións. O conxunto local saíu moito máis enchufado desde o inicio e foi ampliando a vantaxe progresivamente (16-9 no minuto 23). Unha pequena reacción no tramo final da primeira parte permitiu ás redondelás chegar ao descanso cun marcador algo máis axustado (16-12).

Tras o descanso, o Getasur volveu abrir brecha (23-15, minuto 41). Os erros en ataque e os desaxustes defensivos penalizaron ás xogadoras da SAR Rodavigo, que non puideron frear o empuxe das madrileñas. O partido rematou cunha cómoda vitoria local por 33-26.

A próxima xornada será este mércores 25, coa viaxe ás Illas Canarias para enfrontarse ao Rocasa Gran Canaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará