As actividades desenvolveranse no Multiúsos de Redondela e no Piñeiral do Crego en Chapela entre as 9:00 e as 14:00 horas dende o 30 de marzo ata o 6 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, as familias interesadas poden inscribirse directamente nos propios multiúsos ou chamando aos teléfonos 986 40 28 65 en Redondela e no 986 45 42 26 en Chapela.
O programa organizado pola concellería de Infancia leva por nome “Primavera en Xogo” e estará dispoñible nos Multiúsos da Xunqueira e o Piñeral do Crego. As actividades son gratuítas e desenvolveranse os días 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
A rapazada que participe poderá gozar con xincanas, obradoiros de manualidades, teatro, xogos, baile e outras sorpresas. Unha iniciativa que busca ofrecer as familias espazos de lecer alternativos para a rapazada en tempo de vacacións e facilitar a conciliación familiar e laboral.
As actividades son de balde, con prazas limitadas que se adxudicarán por orde de inscrición.









