Hoxe é Martes 24 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR e BM Chapela suman vitorias e prepáranse para o derbi á volta da Semana Santa

601438844_1491842942942506_245877786597185663_n (1)

Foto de arquivo do primeiro derbi da tempada // Estación Balonman Patry Rivas

Primeira Autonómica Masculina

VALINOX NOVAS B – SAR OPMOBILITY (29-35)

SAR OPmobility desprazouse ata O Rosal para enfrontarse ao Valinox Novás B nun partido que non comezou da mellor maneira. Os locais acadaron un rápido 6-2 a favor, o que obrigou ao equipo redondelán a ir a remolque durante toda a primeira parte. A pesar dos esforzos por achegarse no marcador, o Valinox Novás mantivo a vantaxe e chegouse ao descanso cun 20-15.

Na segunda metade, o SAR OPmobility mostrou unha versión completamente diferente. Os xogadores foron recortando distancias gol a gol ata conseguir o empate a 23 no minuto 43. No último cuarto, cun xogo moito máis fluído e un excelente traballo defensivo, lograron darlle a volta ao partido e levarse a vitoria por 29-35.

BALONMAN CHAPELA – CALVO XIRIA B (38-22)

Na mesma categoría, o Balonmán Chapela impuxo a súa lei na casa fronte ao Calvo Xiria B. Os locais dominaron desde o primeiro minuto e chegaron ao descanso con 10 goles de vantaxe (17-7). Na segunda metade continuaron ampliando a renda ata conseguir unha clara vitoria por 38-22. Con este resultado, o Chapela escala ata a cuarta posición da táboa.

Tras o parón de dúas semanas por Semana Santa, a competición retomarase o fin de semana do 12 de abril. SAR OPmobility enfrontarase ao Balonmán Chapela no Pavillón Manuel González Soto nun derbi clave entre dous equipos de Redondela moi igualados: SAR ocupa o terceiro posto con 31 puntos e o Chapela o cuarto con 26.

Segunda Autonómica Masculina

O SAR Globalmar recibiu este domingo na Bombonera ao Asmubal Meaño nun partido sen demasiadas complicacións. Desde os primeiros minutos, o equipo amosou unha gran efectividade ofensiva, con bo xogo co pivote e numerosos contraataques que abriron fenda rapidamente. O 10-2 inicial xa encamiñou o encontro e ao descanso o 24-12 deixaba o choque practicamente decidido.

Na segunda metade mantívose a mesma dinámica, con rotacións, alto ritmo e boas accións en ataque que impediron calquera reacción dos visitantes. O partido concluíu cun contundente 47-25.

Tras o descanso, o SAR Globalmar visitará a pista do Balonmán Pontedeume.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará