Hoxe é Sábado 4 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Michael Jackson e Queen cun concerto no Multiúsos da Xunqueira

noches encendidas

Noches Encendidas é un espectáculo homenaxe a Michael Jackson e Queen que se celebrará en Redondela o sábado 21 de marzo, ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están a venda no Kiosko Cocó e de xeito online en dentralia.com. As persoas interesadas en asistir poderán ademais facerse cunha entrada de balde participando nun sorteo que a Radio Municipal realiza a través do seu Instagram (@radioredondela).

Os amantes da música rock e pop e, mais concretamente os fans de dous artistas inigualables como Michael Jackson ou Freddy Mercury están de parabéns porque o vindeiro 21 de marzo chegará a Redondela un evento m

usical centrado na súa música.

Un tributo que, insisten os seus promotores “non é unha imitación, porque estamos ante dous artistas inimitables, o espectáculo é un tributo íntimo que rende homenaxe a estas dúas lendas da música, nun ambiente moi acolledor cun escenario iluminado unicamente por centos de candeas, con voces en directo e arranxos coidadosamente interpretados que transportan ao público a unha viaxe emocional polos maiores éxitos de ambos artistas”. Así nolo explicaba Amadou Jose, coordinador de eventos de Diverfest

Voces en directo que transportan ao público a unha viaxe emocional que está atraendo a un espectador de todas as idades: “non só se achegan a estes concerto os maiores que eran fans de Michael Jackson e Queen cando eran novos, senón tamén xente moza” explican os seus promotores.

Os organizadores do evento facilitaron a Radio Redondela dúas entradas para participar nun sorteo a través de Instagram. Na nosa conta oficial de Instagram pódese atopar toda a información detallada sobre as bases, o procedemento de participación e as condicións do sorteo. O prazo para participar remata o 12 de marzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará