Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPmobility a un paso do liderado

622429737_1460690846065838_5551773774687711348_n

Foto de Patry Rivas/Estación Balonmano

A SAR OPmobility consolidou a súa candidatura ao ascenso cunha vitoria contundente (17-31) no pavillón do Ferlovi Carballal, mentres que o Balonmán Chapela cedeu na casa ante o Reizentolo Lavadores Vigo (31-33).

CARBALLAL –  SAR OPMOBILITY  ( 17-31)

A SAR OPmobility sumou unha vitoria folgada e sen sobresaltos na pista do Ferlovi Carballal. O partido quedou sentenciado desde o inicio cun parcial de 0-6 que rompeu o encontro. Ao descanso xa mandaban con claridade (9-17), e na segunda metade xestionaron a renda con rotacións e control total. O resultado final foi un contundente 17-31.

Trátase dun bo arranque da segunda volta para o equipo, que consolida a segunda posición na clasificación xeral con 19 puntos, a cinco do líder, o Poio Artai. Na próxima xornada, a SAR disputará un encontro clave no seu pavillón ante o Seis do Nadal, actual cuarto clasificado.

BALONMAN CHAPELA – REIZENTOLO LAVADORES VIGO (31-33)

O Balonmán Chapela caeu derrotado ante o Lavadores Vigo nun partido que se complicou desde o inicio. Os vigueses acadaron unha vantaxe de dous goles nos primeiros compases e, antes do descanso, ampliaron a diferenza ata os cinco tantos (13-18). A pesar da reacción local na segunda metade, o Lavadores soubo xestionar a renda e levou a vitoria por 31-33.

O vindeiro sábado, o BM Chapela volverá xogar no Pavillón Municipal Manuel González Soto, onde recibirá ao BM Línea 21, terceiro clasificado da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará