Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle unha xornada para impulsar proxectos vinculados ao sector pesqueiro

galp

A Asociación de Empresarios de Redondela acolle este mércores, 28 de xaneiro, ás 13:00 horas, unha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), organizada polo GALP Ría de Vigo-A Guarda, en colaboración coa Consellería do Mar e o Concello de Redondela.


A xornada representa unha oportunidade estratéxica para que o tecido empresarial e social de Redondela se involucre no desenvolvemento sostible do seu entorno costeiro, aproveitando os recursos europeos para xerar impacto económico, social e ambiental duradeiro.
A xornada, aberta a empresas e público en xeral, está dirixida a financiar iniciativas que promovan a creación de emprego e a atracción da mocidade, a maior participación de mulleres no sector, a innovación na cadea de valor pesqueira, a diversificación de actividades e a valorización do patrimonio ambiental e cultural marítimo.
A xornada servirá como unha sesión de networking e asesoramiento técnico para axudar a potenciais solicitantes a preparar e presentar os seus proxectos do xeito máis competitivo posible.
Nesta reunión estarán presentes beneficiarios desta liña en convocatorias anteriores. En concreto, participarán representantes da Confraría de Pescadores San Xoán e do Círculo Cultural Recreativo de Chapela.
As persoas e/ou entidades interesadas en participar nesta convocatoria poden contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49 (Vigo), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou nos teléfonos 986 358 109 / 646 873 106.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará