Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de vitorias no fútbol local: Choco vence ao Valladares

WhatsApp Image 2026-01-26 at 18.39.34

Foto de arquivo de Xeila Fervenza

Unha fin de semana cheo de vitorias e un empate permitiu aos equipos da zona sumar valiosos puntos nas súas respectivas ligas, consolidando posicións e achegándose a obxectivos de play-offs ou permanencia.

Na Preferente, o C.D. Choco logrou unha importante vitoria por 0-1 ante o C.D. Valladares, grazas a un gol de Daniel Suárez no minuto 34. Con 22 puntos, saen da zona de descenso e sitúanse no posto 14. O próximo reto: recibir ao CD Moaña, rival directo empatado en puntos.

Na Primeira Galicia, o C.D. Arcade empatou 1-1 co Caldas, cun gol de penalti de Iván no minuto 58. Mantéñense na sétima posición con 28 puntos e preparan unha nova saída para enfrontarse ao S.C.D. Ponte Caldelas.

Na Segunda Galicia (grupo Pontevedra), o C.D. Soutomaior superou 2-1 á S.D. Romay no campo Graciano Padín, con goles de Jose Carlos de la Torre Monteagudo. Así, ascenden á sexta praza con 26 puntos, moi preto do play-off e un por riba do rival. Próxima xornada: visita ao terceiro, o Atl. Faxilde.

Na Terceira Galicia (grupo Vigo), o Atlético Villar mantén o liderado indiscutible con 39 puntos tras gañar 1-2 ao C.D. Areosa como visitantes, con tantos de Juan José Carballido e David Torres. A catro puntos do segundo (Lavadores), prepáranse para o derbi ante o Chapela C.F.

Tamén no mesmo grupo, o Chapela C.F. venceu 2-0 á E.F. Norbert Losada no Campo de Parada, con goles de Anxo e Adrián. Colócanse quintos con 32 puntos, rozando o play-off, e afrontan o derbi contra o líder Atlético Villar.

Finalmente, na Terceira Galicia (grupo Pontevedra), o C.D. Cesantes impúxose 0-1 á S.D. Santomé cun gol de Lucas, situándose segundos con 34 puntos, a só tres do líder Campaño. Na vindeira xornada, reciben ao Barro C.F.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará