Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas exise melloras para recepcionar as obras de Audasa en Chapela

Reunión informativa reposición AP9

A alcaldesa de Redondela asegura que varios dos compromisos asumidos pola concesionaria da autoestrada aínda non se levaron a cabo. Entre outros fala da reposición da fonte de Cornido no barrio da Igrexa en Chapela que foi retirada polas obras de ampliación da AP-9 e que, malia constar no proxecto, “non se recuperou”. Os traballos nos viarios afectados e as obras de reposición “deben axustarse ao proxecto e cumprir con todos os compromisos adquiridos durante a tramitación das obras” advirte Rivas.


O Concello de Redondela rexeitou a recepción das obras de reposición da AP-9 en Chapela. A alcaldesa explica que non o farán “ata que os técnicos municipais poidan comprobar o estado das obras e se resolvan as posibles deficiencias”. Audasa, empresa concesionaria da autoestrada, citou ao Concello “sen tempo suficiente para realizar as comprobacións técnicas necesarias” e verificar que o resultado das obras “se corresponde co proxecto e que cumpre cos compromisos acadados”.
Un dos incumprimento sinalados dende o concello fai referencia a fonte do Cornido, unha das fontes máis antigas do barrio de Igrexa e que foi retirada a causa da ampliación da autoestrada. Malia que a recuperación deste elemento está recollida no documento de reposicións “Audasa non o fixo”.


O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala tamén que a reposición da fonte é unha demanda “histórica” da parroquia que Audasa ten a obriga de repoñer.
O Concello ten tamén coñecemento doutras incidencias nos servizos e instalacións a causa das obras de reposición das vías afectadas. O goberno local afirma que “ata que os técnicos municipais realicen todas as comprobacións pertinentes, non se procederá á recepción das obras”. O Concello reitera tamén a súa boa disposición para continuar “coa coordinación técnica e administrativa necesaria para a correcta finalización do procedemento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará