Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior lanza o programa formativo Novas Sendas

Manu Lourenzo e Rosana Martínez Boullosa

Este programa ten como obxectivo a formación en diferentes ámbitos pero céntrase neste edición nas novas tecnoloxías e a IA. As inscricións para os cursos deste programa debe facerse en liña (https://soutomaior.gal/actividades/) dende hoxe luns 26 de xaneiro.


O programa Novas Sendas busca autonomía a través do emprego e a formación complementaria e inclúe accións formativas destinadas á formación para o emprego, á formación continua-reciclaxe, á adquisición de novas competencias, á formación permanente e ao longo de todas a vida das persoas. Un programa destinado a toda a veciñanza con cursos para os máis novos e tamén os nosos maiores.
Os cursos ofertados son de competencias dixitais avanzadas, diferentes niveis para achegarnos ao mundo da Intelixencia Artificial, protección fronte as pantallas ou cursos de autonomía dixital e trámites e conexión dixital así como creación de contido con IA ou ciberseguridade. Pero tamén hai cursos de escaparatismo, carretas elevadoras, manipulación de alimentos ou aplicación de productos fitosanitarios nivel básico.
Con este Programa Municipal de Formación para a adquisición de competencias para a vida dende o Concello de Soutomaior teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no mercado de traballo das persoas desempregadas do municipio e tamén axudar ao crecemento intelixente, sostible e integrador do municipio.
O Concello de Soutomaior proxecta desenvolver durante o ano 2026 este programa para que as persoas teñan oportunidades e poidan dar resposta aos desafíos que se lles presentan no actual contexto, para o cal ofrecen unha ampla e variada oferta formativa que se desenvolverá nesta fase ao longo dos meses de febreiro a xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará