Axentes da Policía Local e da Policía Nacional procederon á detención de dúas mulleres, unha delas veciña de Redondela de 36 anos de idade e outra con residencia en Vigo de 28, pola presunta sustracción dun vehículo.
Os feitos producíronse na madrugada do sábado sobre as 2:30 horas. Axentes da Policía déronlle o alto a un vehículo que circulaba polo centro da vila, concretamente pola rúa Alfonso XII. Unha vez cotexados os datos do turismo, compróbase que o vehículo figura como roubado polo que se procede á detención das dúas mulleres que ían no seu interior, de 36 e 28 anos de idade.
Tamén se interviu un arma prohibida (puñal) e diferentes obxectos que portaban no interior do vehículo.
As mulleres pasaron a disposición xudicial por un presunto delito contra a propiedade e tenencia ilícita de armas.









