Foto: MeteoGalicia
A chegada de Joseph, que é como se chama o novo episodio de meteoroloxía adversa que nos vai afectar durante toda a xornada de hoxe, levou á Axencia Estatal de Meteoroloxía a activar un aviso vermello por precipitacións no interior de Pontevedra que afecta a 16 concellos, entre eles o de Fornelos de Montes. Como medida preventiva, nestes municipios suspendéronse as clases e a actividade no exterior. Redondela, Soutomaior e Pazos permanecen en aviso amarelo por chuvias.
Os veciños dos municipios afectados recibiron un Es-alert no que Protección Civil aconsella evitar os desprazamentos e chama á poboación a afastarse de pontes e non atravesar zonas anegadas. Este episodio de alerta vermella por precipitacións que poderían acadar acumulacións de 120 litros por metros cadrado en 12 horas manterase ata a madrugada do martes.
Os condellos afectados son ademais de Fornelso de Montes: Agolada, A Cañiza, Covelo, Dozón, Forcarei, Lalín, Moraña, Silleda, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Estrada, A Lama, Rodeiro e Vila de Cruces.
O resto da comunidade está en aviso amarelo por chuvias que pdoerán deixar acumulacións de entre 15 e 40 litros por metro cadrado. Por outra banda, está en alerta laranxa por temporal consteiro todo o litoral galego.









