O BNG volveu presentar no Parlamento Galego, por iniciativa da organización de Redondela unha emenda aos orzamentos para a construción da Escola Infantil en Chapela. O voceiro do Bloque, Xoán Carlos González denuncia que o voto en contra do Partido Popular impedíu que esta proposta fora admitida “malia que se trata dun servizo que daría resposta ás necesidades de conciliación laboral e familiar da veciñanza” e critica ao goberno local por “gardar silencio” nun asunto de tanta relevancia.
Os nacionalistas presentaron unha emenda aos orzamentos da Xunta para a construción dunha Escola Infantil en Chapela, unha infraestructura longamente prometida e que permitiría que ducias de familias se beneficiaran deste servizo favorecendo a conciliación “mentres os cativos e cativas de 0 a 3 anos reciben un atención educativa e asistencial pública, en galego e de calidade”. Na actualidade aquelas familias con cativos nesta franxa de idade teñen que buscar recursos de iniciativa privada ou noutros concellos.
Afirma o voceiro nacionalista “que xa non se pode agardar máis por unha dotación da que outros concellos con menor poboación xa disponen” e que sería tamén un recurso para atraer e fixar poboación.
A proposta non saíu adiante polos votos en contra do Partido Popular no Parlamento Galego. “Sistemáticamente néganse a dotar a Chapela da segunda escola infantil do noso concello”, afirma Gonzáles quen critica que Javier Bas convidara recentemente a Redondela “a deputados do PP que votaron en contra da nova Escola Infantil, o que constitúe unha burla aos nosos veciños e veciñas ”.
Cuestiona igualmente Xoán Carlos González “o desinterese do goberno municipal de Redondela, limitado a facerse fotos nesta reivindicación”. Considera que a reinvindicación da Escola Infantil, se utiliza como excusa de enfrentamento entre Concello e Xunta.









