Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as festas de Trasmañó que vivirán a seu día grande o domingo coa Festa do Cocido

cocido si

A parroquia de Trasmañó celebra hoxe a primera das tes xornadas de festas na honra ao seu patrón San Vicente. Unha programación que vivirá o seu día grande o domingo cunha das citas gastronómicas máis madrugadoras do ano: a festa do cocido. Haberá xogos populares na tarde do sábado e verbena nocturna con Los Player e o Trío Tic Tac.
A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal de San Vicente. Unhas celebracións que arrancaron hoxe cunha salva de bombas anunciando o día do patrón pero que vivirán o groso da súa programación na fin de semana.
Así o sábado 25 desde as 10:00 horas terá lugar a VII Concentración de Vehículos Clásicos con mís dun cento de vehículos chegados dende toda Galicia e norte de Portugal que farán un percorrido pola parroquia. Xa pola tarde logo da misa das 17:00 horas, haberá cucañas e xogos populares para todos os públicos. A verbena arrancará ás 22:00 horas amenizada polo grupo Los Player eo Trío Tic Tac. Pasada a medianoite haberá fogos artificiais.
O domingo 25, día grande, celebrarase a XV edición da Festa Gastronómica do Cocido que se desenvolverá baixo unha gran carpa e que precisa de reserva previa, porque o aforo é limitado. Os tickets pódense reservar nos teléfonos 663 176 951 e 670 884 419 na cafetería Rodeo ou na cafetería Puerto Vieira ambas en Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará