Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación en defensa de Soutelo esixe unha reunión co Concello para falar da privatización do camiño

Post Instagram Fotos Momentos Collage Simple Blanco (1)

Na reunión celebrada este domingo no centro cultural de Cedeira a Plataforma congregou uns 70 veciños e veciñas preocupados pola suposta apropiación ilegal dun camiño por parte dun particular que impide o acceso ao mar na zona de Soutelo-Regasenda. Solicitan unha reunión coa alcaldesa e o goberno local “para que nos expliquen por que se manipularon e se falsificaron informes municipais”. Continuarán a súa loita para recuperar o uso público da totalidade do camiño, dende o seu inicio na N-552 ata o muelle “que é onde remata”.


A Platataforma lembra que malia contar xa cunha sentenza que avala o uso público do camiño do Soutelo, o propietario decidiu recorrer o fallo do tribunal e deu un paso máis na súa apropiación ao facerse con parte da estrada asfaltada de Soutelo “que está inventariada como propiedade municipal no concello” segundo explica Fermín Fernández.

Ante esta situación solicitan unha reunión cos responsables municiais xa que existen “informes contradictorios” emitidos polos técnicos do Concello. Lembran que levan mías de sete meses agardando por unha resposta do goberno local sobre esta modificación de informes e que aínda non obtiveron resposta ante unha situación que entenden é de enorme gravidade porque supón “que o Concello lle estea regalando un terreo público inventariado a un particular”. Explica Fernández que “buscan saber por que se falsificaron informes”.

O obxectivo último é recuperar o camiño que segundo os planos do Concello e os arquivos históricos “comeza na estrada N-552 e remata no muelle”.


Traballan tamén para recuperar a zona marítimo terrestre á que a día de hoxe tampouco se pode acceder porque está pechada cun muro de bloques.

Lembran que todas as medidas adoptadas polo particular impiden o paso aos mariñeiros, ás mariscadoras que traballaban na zona e ao veciñanza en xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará