O multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela acolle o vindeiro domingo 28 ás 19:30 horas un espectáculo circense moi especial, no que hai cabida para a cara máis oscura do circo pero onde non faltará o humor e os tradicionais números do circo como os malabares, equilibrios, acrobacias e maxia.
Unha proposta única en Galicia na que os seus integrantes decidiron poñer en marcha un espectáculo no que propoñen un xogo “tensión-relaxación” onde o humor serve para ir fiando os diferentes números nos que non faltará unha parte macabra.
Este espectáculo promete levar aos espectadores nunha viaxe de hora e media pola escuridade, o absurdo e o espectacular. En Creepy Circus Cabaret, os artistas circenses volverán do limbo para cumprir a condena e ofrecer aos mortais un show espectacular.
Fran Boza explica que “Resurrection” non é un espectáculo de circo tradicional, xa que a risa mestúrase con momentos escuros nun espectáculo que combina disciplinas circenses de alto nivel coa picardía do cabaret. Non é unha experiencia de terror puro, pero non faltarán momentos intrigantes e sorprendentes que poñerán ao público ao borde os seus asentos.
Unha experiencia pensada para público adulto, e para que os maiores volvan gozar do circo sen necesariamente ir acompañados dos seus fillos.
Quen queira saber máis sobre este espectáculo pode achegarse a súa conta de intagram (creepycircuscabaret) ou a través de Facebook. As entradas xa están á venta en entradas.com e a na súa tenda online.










