Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPmobility subcampión da Copa Federación

603920281_1431660232302233_6100889284819192301_n

Foto de Patry Rivas//Estación Balonmano

O pasado sábado disputouse na Bombonera a final da Copa Federación SAR OPmobility, cunha gran afluencia de público nas gradas que creou un ambiente vibrante. O conxunto local, a SAR OPmobility, enfrontábase ao Seis do Nadal nun duelo pola coroa de campións.

Segundo relataba o club en redes sociais, partido comezou con máxima intensidade e unha rivalidade evidente desde os primeiros minutos. A igualdade dominou o inicio do encontro, cun marcador empatado a 5-5 aos oito minutos. Foi entón cando o SAR OPmobility, sólido en defensa e efectivo en ataque, logrou abrir unha pequena vantaxe (10-7 no minuto 14). Con todo, o Seis do Nadal reaccionou con rapidez e empatou de novo o choque (11-11 no minuto 22). Nos instantes finais da primeira parte, impulsados polo apoio dunha Bomboneira entregada, os xogadores locais conseguiron marchar ao descanso cunha lixeira vantaxe de 16-13.

A segunda metade tivo un guión ben diferente. O paso polos vestiarios permitiu aos vigueses corrixir erros e atopar con maior facilidade espazos na defensa local. En apenas cinco minutos, o Seis do Nadal deu a volta ao marcador e colocouse por diante (17-18 no minuto 35). O SAR OPmobility loitou ata o final por recuperar o control do partido, pero a dureza defensiva do rival e un menor acerto de cara á portería acabaron decantando a balanza. O luminoso reflectiu finalmente un 26-32 a favor dos visitantes.

A pesar da derrota, o equipo local pelexou con intensidade e entregouse ata o último segundo. Deste xeito, o SAR OPmobility pecha o ano 2025 como subcampión da Copa Federación, cun merecido recoñecemento ao seu esforzo e competitividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará