Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campo de futbol Graciano Padín acolle o trofeo solidario en memoria de Pelete

torneo solidario

O Club deportivo de Soutomaior organiza este torneo o vindeiro sábado co obxecto de homenaxear a Pelete, unha persoa que colaborou de maneira totalmente desinteresada, xenerosa e incansable coa entidade, contribuíndo de forma decisiva ao seu crecemento humano e deportivo. Recolleranse alimentos non perecedeiros a favor de Cáritas.
Este torneo nace co obxectivo de lembrar a súa figura e, ao mesmo tempo, fomentar o deporte base, a convivencia, o respecto e as relacións de amizade entre os nenos e nenas participantes, dando cabida a equipso das categoráis benxamín e infantil.
O torneo celebrarase o sábado 27 de decembro no campo de fútbol Graciano Padín, en Soutomaior. Os encontros terán unha duración total de 24 minutos e estarán dirixidos por árbitros federados.
Ademais de homenaxer a Pelete o torneno ten un marcado carácter solidario polo que se fará unha recollida de alimentos para Cáritas. Así, cada neno e nena participante no torneo deberá aportar un Kilo de alimentos non precederos que serán entregados a Cáritas para o seu reparto entre as familias usuarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará