Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate sen goles para o CD Choco

520520c1-ef2e-49c5-8d0d-94d08e57771b

Foto de arquivo

Na penúltima xornada da primeira volta das distintas ligas os equipos locais conseguiron sumar puntos. Despois do parón e Nadal prepáranse para retomar a competición o 11 de xaneiro de 2026.

Preferente, VILLALONGA F.C. – C.D. CHOCO  (0-0)

Na Preferente, o CD Choco e o Villalonga FC empataron sen goles (0-0), deixando ao Choco no posto 13º con 18 puntos; o seu próximo encontro será o 11 de xaneiro na casa ante o Atlético Arnoia, terceiro clasificado.

Primeira Galicia SAN MARTIN C.F.  – C.D. ARCADE  (1-0)

Na Primeira Galicia, o San Martín CF venceu 1-0 ao CD Arcade, que queda 9º con 21 puntos e pechará a primeira volta o 11 de xaneiro na casa fronte ao AT Cuntis CF, rival directo co que está empatado.

Segunda Futgal; CD SOUTOMAIOR – ZACANDE CF (4-0)

Na Segunda Galicia, o CD Soutomaior goleou 4-0 ao Zacande CF, subindo ao 7º posto con 20 puntos; o próximo partido será visitando  A Lama SD, equipo co que está empatado a puntos.

Terceira Galicia- Vigo; ALERTA SANGUIÑEDA  – ATLETICO VILLAR  (2-4)

Na Terceira Galicia (Grupo Vigo), o Atlético Villar consolidou o seu liderado absoluto tras impoñerse con autoridade por 2-4 ao Alerta Sanguiñeda. Os visitantes, que veñen demostrando unha gran regularidade ao longo da tempada, suman xa 35 puntos tras esta vitoria, manténdose na cabeza da clasificación e sacándolle 5 puntos de vantaxe ao segundo clasificado, o Club Peñasco.

A próxima xornada será a última antes do parón, e para o Villar supón unha oportunidade clave na casa fronte ao Racing Castrelos CF B.

Terceira Galicia- Vigo; CHAPELA C.F.  – ATLANTIDA MATAMA “B”  (4-2)

O Chapela CF impuxo a súa lei no campo da Parada ao vencer por 4-2 ao Atlántida Matamá B, nun duelo directo pola zona media-alta da táboa. Os locais suman 26 puntos e ascenden ao 6º posto, deixando ao seu rival con 25 puntos e complicándolle a loita polos postos de privilexio.

Este triunfo clave ante un competidor directo reforza as aspiracións do Chapela na metade superior. A próxima xornada, a penúltima antes do parón, os de Redondela visitan o 11 de xaneiro ao Celta Academy B, oitavo clasificado, nun encontro que promete ser disputado.

Terceira Galicia- Pontevedra; E.F.B. TERRA DE MONTES  –  C.D. CESANTES  (3-3)

Na Terceira Galicia- Grupo Pontevedra, o EFB Terra de Montes (segundo pola cola) empatou 3-3 co CD Cesantes, que perde o liderado e pasa ao segundo posto con 28 puntos, empatado co Campaño SD polo golaveraje tendo estes últimos máis goles a favor emenos en contra.

A próxima xornada reciben ao Figueirido CF , equipo necesitado de puntos.

Todos os equipos descansan polo Nadal e retoman a competición o 11 de xaneiro, a unha xornada de rematar a primeira volta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará