O Club Patinaxe Artístico Bolboreta de Redondela organiza o seu tradicional Festival de Nadal, que se celebrará este sábado 20 de decembro no Pavillón Municipal A Marisma, a partir das 19:00 horas.
O evento reunirá máis de 120 patinadoras e patinadores de diferentes categorías, nunha exhibición chea de maxia navideña con coreografías temáticas, música festiva e elementos sorpresa que evocan o espírito do Nadal.
Ademais do club anfitrión, contarán coa participación de dous clubes convidados: o C.D. Ourela de Ourense e o C.P.A. Indalo de Vigo, o que enriquecerá o espectáculo con estilos e talentos diversos.
O festival, que conta co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do Deporte Galego, promete ser unha tarde de convivencia, habilidade e diversión sobre rodas, ideal para familias e amantes do patinaxe artístico.
A entrada é libre, polo que se invita a todo o público a achegarse ao Pavillón A Marisma para desfrutar desta cita anual.











