Corenta nenos e nenas de 3 a 6 anos trasládanse cada día dende a Escola Infantil A Marisma ata o seu comedor escolar que se atopa nas instalacións municipais do Paseo Pexegueiro. Unha situación que ía ser provisional e que, doce anos despois, segue a ser a única opción de pais e nais para poder contar con este servizo imprescindible para garantir a conciliación. A ANPA respira máis trasquila logo de facerse cun certificado do que carecían estas instalacións e que facía temer que o comedor se pechara no inicio do vindeiro ano. Con todo insisten en que a solución definitiva pasa porque se ubique este servizo nas propias instalacións do centro educativo.
A vicepresidenta da ANPA, Mercedes Marcos explica que os comedores escolares deben contar cun certificado que acredite que son axeitados para ofrecer este servizo. Unha documentanción da que carecen as instalacións actuais no paseo Pexegueiro o que lles levou a comunicarlles a pais e nais a posiblidade de que se clausurase o comedor.
Logo de reunirse cos responsables municipais foron quen de solucionar esta cuestión e lograron o compromiso de que se regulará temporalmente esta situación, evitando así deixar desatendidos a eses rapaces e rapazas a partir de xaneiro.
Con todo insisten en que o actual comedor presenta unha serie de carracterísticas que non o fan apto para seguir prestando o servizo: obriga aos cativos e cativas a desprazarse, teñen que salvar un tramo de escaleiras para acceder a el, non ten capacidade suficiente para toda a demanda existente e carece dun patio ao que sair cando rematan de comer.
Por todo isto, insisten en reclamar a Xunta que habilite o comedor no interior da Escola Infantil A Marisma, onde existe espacio suficiente para instalar o servizo e hai boa vontade por parte da Dirección para que esa reforma se realice. A Anpa ten en marcha unha recolldia de sinaturas para recabar apoios a súa demanda.
Unha problemática que afecta á metade do alumado da Escola aos que hai que sumar os nenos e nenas do Colexio Santa Mariña. Isto fai que a día de hoxe sexan máis dun cento de nenos os que a diario teñen que desprazarse do seu centro para poder empregar os comedorers escolares que insisten deberían estar ubicados nas propias instalacións dos colexios.









