Hoxe é Venres 13 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición para a III carreira popular San Silvestre de Soutomaior

san silveste soutomaior 01

A cita deportiva terá lugar o 27 de decembro a partir das 17:00 horas con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia de 1’9 kilómetros e un percorrido adaptado de 180 metros. Un circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico cun máximo de 600 participantes. A inscrición debe formalizarse na páxina web do concello antes do 21 de decembro.

A Carreira Popular San Silvestre forma parte da programación do Nadal que organiza o Concello de Soutomaior, unha cita deportiva e festiva destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e os menores de 14 anos se van acompañados dun adulto durante o percorrido.

Será unha carreira onde non haberá́ clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que terán o seu premio vencellado co mundo do deporte, tamén haberá 2 premios ao mellores disfraces nas categorías de infantil (ata os 10 anos), xuvenil (de 11 a 17 anos) e adultos así como mellor disfrace colectivo.

Actividades complementarias

Na xornada do 27 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira participar na Alameda de Talo Río. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto 16:30h terá lugar exercicios de quecemento, ás 17:00h. será o inicio da carreira e ás 17:45h. terá lugar unha masterclass de zumba. Logo da entrega de premios e agasallos celebrarase unha festa final a partir das 19:00 horas coa animación musical a cargo de DJ Sande.

Anímase a participantes e espectadores a contribuír cun produto de alimentación imperecedoiro (preferentemente leite, aceite, legumes…).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará