Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Club Baloncesto Redondela organiza unha charla sobre nutrición e rendemento deportivo

RR DEPORTE - 2025-12-11T132430.768

O Club Baloncesto Redondela convida á comunidade deportiva e familias a participar este luns 15 de decembro nunha charla gratuíta titulada “Mellora a túa alimentación, aumenta e teu rendemento”. A actividade, organizada polo propio club, terá lugar ás 19:15 no IES Mendiño.

O encargado de impartir a sesión será Alberto Núñez González, dietista-nutricionista colexiado e coñecido e redes como @nutricionatuplato, que abordará cuestións de gran interese para deportistas de todas as idades: alimentación antes e despois dos adestramentos, estratexias para unha mellor recuperación, como interpretar correctamente as etiquetas dos alimentos e moitos outros consellos prácticos. Ao final da exposición haberá tempo para resolver todas as dúbidas dos asistentes.

Desde o club destacan a importancia de coñecer os hábitos alimentarios para mellorar o rendemento deportivo e a saúde xeral, e animan a todos os xogadores, adestradores e pais a non perder esta oportunidade. A charla é de balde e non precisa de inscrición previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará