Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Besteiro acusa a Rueda de discriminar a Redondela e esíxelle á Xunta o arranxo da Avenida Mendiño

besteiro redondela

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta de “discriminar” a Redondela ao incumprir co seu compromiso de reparar a Avenida Mendiño. Besteiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita ao concello na que aproveitou para reunirse con colectivos de sanidade, plataformas e médicos do Centro de Saúde de Redondela no que tamén participou a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento, Elena Espinosa e a alcaldesa, Digna Rivas.

Besteiro reclama ao goberno galego “compromiso, igualdade de trato e unha verdadeira colaboración institucional” para asumir o arranxo da Avenida Mendiño que o goberno galego comprometera en 2019. Un compromiso que nunca chegou a concretarse e que “obriga a Redondela a asumir o 60 por cento do custe da reforma, así como a redactar, licitar e executar as obras”.

O Concello viuse obrigado a iniciar o proceso para mellorar o proxecto inicial da Xunta, que resultaba “insuficiente e desigual”, incluíndo unha humanización integral e uniformizada en todo o trazado, que é imprescindible polo grave deterioro do firme, beirarrúas e zonas de aparcamento debido á falta de mantemento por parte do goberno galego.

Subliñou o lider dos socialistas galegos que o Concello “está actuando con responsabilidade para non deixar tirada á veciñanza”, pero considera “inaceptable” que a Xunta non responda do seu compromiso, e esixe un trato “en pé de igualdade” co resto dos municipios. Lembra que a vía constitúe unha das principais arterias de Redondela, cun tráfico de 7.000 vehículos diarios e que conecta os centros de saúde e as escolas, e “leva anos necesitando unha intervención urxente” do goberno galego que nunca chegou.

José Ramón Gómez Besteiro, PSdeG

Unhas críticas ás que se sumou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quen denunciou que a veciñanza de Redondela “nunca existiu” para o goberno galego dende o ano 2019, obrigando ao Concello a asumir a titularidade da vía e a maior parte dunha obra que pode superar os dous millóns de euros. Sanidade pública

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O responsable socialista mantivo a continuación un encontro con colectivos de sanidade, plataformas e médicos do Centro de Saúde de Redondela no que tamén participou a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento, Elena Espinosa. Analizaron a situación de saturación da sanidade pola falta de persoal, cos profesionais ao límite da súa resistencia e que está a provocar unhas listas de espera “nunca vistas” de ata 20 días na atención primaria tamén neste concello.

Criticou que os médicos do Centro de Sáude, que atende a unha poboación de 40.000 persoas dando cobertura a Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Chapela, teñen que atender cada un deles a entre 40 e 50 pacientes ao día. Estes profesionais teñen que atender ademais ás libranzas ou baixas dos compañeiros que o Sergas non quere cubrir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará