Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos exhibe as imaxes gañadoras do concurso de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy ao longo de vinte anos

obradoiro entrega premios

O obradoiro de estudos locais de Cesantes celebrou esta fin de semana a entrega dos premios da XX edición do seu concurso de fotografía. Un acto no que se premiaron as mellores imaxes desta edición e que serviu tamén para lembrar aos gañadores do concurso dende o seu inicio. A exposición, que se pode visitar no Multiusos ata mediados de xaneiro, recolle a totalidade das 200 fotografías presentadas nesta edición así como as imaxes premiadas das convocatorias previas.

O acto, celebrado esta fin de semana no Multiúsos, fixo un repaso polo diferentes fotógrafos e estudos fotográficos do século XX en Redondela. A continuación procedeuse a entregar unha placa conmemorativa como mostra de agradecemento aos gañadores que ao longo destes anos se fixeron co premio na categoría de “mellor fotografía”. A continuación fíxose a entrega de premios correspondentes a esta convocatoria “Incendio”, de Mónica Vila Ferreirós, “Remojando los pies” de Tirso Fermoselle Martín, “Historias da rúa” de Carla Piñeiro Gómez, “Piña” de Pablo Falgueras Casarejos, “Luces” de Uxío Solla Amoedo, “Auga de chuvia” de Àngela Llobet Hdez. e “Sol enrejado”, de Xoel Fermoselle Carmona.

Houbo oco tamén para homenaxear un dos directivos do Obradoiro, Hipólito Varela, pola súa constancia e dedicación no traballo asoicativo da parroquia, nunha velada amenizada pola musica tradicional do grupo “Airiños do Mar de Teis”. O acto rematou cun chocolate con churros para os asistentes a modo de brinde por estes vinte anos.

As imaxes participantes nesta edición, máis de 200 fotografías procedentes de Galicia e doutros puntos da xeografía como Toledo, Ciudad Real, Cantabria ou La Rioja. Todas elas estarán expostas na sala de exposicións do Multiusos da Xunqueira e nesta edición complétanse coas gañadoras dos dezanove anos anteriores. A exposición permanecerá neste espazo ata mediados de xaneiro e a continuación circulará polos diferentes centros culturais do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará