Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SAR OPmobility recupera a senda da vitoria

585533595_1408648764603380_5771988827496625457_n

Foto de arquivo de Patry Rivas (Estación Balonman)

Primeira Autonómica: Calvo Xiria B 24-27 SAR OPmobility

O SAR OPmobility impúxose este fin de semana en Carballo nun partido que controlou na maioría dos minutos e que acabou levando por 24-27. Os redondeláns mandaron desde o comezo e no minuto 16 xa gañaban 4-10. O Calvo Xiria B reaccionou e reduciu a vantaxe ata o 11-13 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte os locais chegaron a colocarse a só un gol (18-19, min. 47), pero a SAR respondeu con firmeza, meteu un parcial de 0-4 en poucos minutos (18-23) e xa non deu opcións. Nos últimos minutos soubo administrar a renda e pechou unha vitoria moi valiosa. Dous puntos importantes que manteñen ao equipo na zona alta.

Tras este resultado suman e soben ao cuarto posto da clasificación xeral. A próxima xornada o SAR OPmobility recibe ao Valinox Novás B na Bomboneira.

Balonmán Chapela – Noroplaza Atlántico (33-34)

Sen embargo. o Balonman Chapela caía pola mínima na casa (33-34) fronte ao Noroplaza Atlántico. Sitúanse no sétimo posto e a próxima fin de semana visitan precisamente ao Calvo Xiria B, quen non o porá fácil no seu feudo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará