Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do Redondela FS na loita pola permanencia na máxima categoría galega

WhatsApp Image 2025-11-24 at 15.23.20

Terceira División Nacional: ED Vigo 2015 4-6 Redondela FS Rodavigo

Primeira vitoria a domicilio do Redondela FS na máxima categoría galeg. Os de Rodavigo impuxéronse con claridade (4-6) ao ED Vigo 2015 nun partido de goles moi repartidos: marcaron Fabio, Daniel, Mario, Óscar, Miguel, Lucas e Antón. Co seu xogo áxil e coordinado, o conxunto redondelán escapa da zona perigosa e, con 11 puntos na primeira volta, vai consolidando a súa presenza na Terceira Nacional. Pola contra, os vigueses afúndense no último posto con só 4 puntos. A próxima xornada será todo un reto: o Redondela recibe no Pavillón da Marisma ao Marín Futsal, terceiro clasificado e un dos claros favoritos ao ascenso.

Terceira División Nacional: Korreo Guitiriz FS 2-9 S.D. Pazos de Borbén FS

Espectacular reacción do Pazos de Borbén tras tres derrotas consecutivas. Os de Pazos arrasaron contra o Guitiriz cun contundente 2-9 que reflicte a súa clara superioridade. Dobletes de Pereira, Jacobo e Simón, e tantos de Eloy, Fredo e Jorge completaron a goleada. Con este triunfo, o equipo sitúase na oitava posición e a próxima semana recibe no seu pavillón ao Carballiño FS, rival directo que ocupa o posto inmediatamente superior.

Preferente: CVC Valladares 6-3 Campito Chapela FS

Derrota do Campito Chapela FS en Valladares nun encontro que rematou 6-3. Os tres goles visitantes levaron a sinatura de Diego (2) e Pedro. A pesar deste resultado, o equipo berete segue realizando unha boa tempada e mantense no sétimo posto con 16 puntos. A vindeira xornada agarda un duelo complicado: reciben ao líder, Pizarras Los Tres Cuñados.

Primeira Galicia: Arealonga FS Chapela 3-4 Vincios FS

O Arealonga Chapela FS non puido sumar no seu pavillón e caeu 3-4 fronte ao Vincios FS. Os tantos locais foron obra de Antón, Javier e Marcos, pero non chegaron para evitar a derrota. Con este resultado, o equipo achégase perigosamente á zona de descenso. A próxima semana visitan ao IES Coruxo FS “B”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará