Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco manda na casa

ae821480-bf49-48df-99f3-a1bb0fc079cb

Foto de Xeila Fervenza

Preferente: CD Choco 4-2 Tyde FC

O CD Choco volveu mandar no seu campo e impuxo a súa lei cun claro 4-2 ante o Tyde FC, nun partido que controlou de principio a fin, aínda que o resultado tardou en reflectilo no luminoso.

O arranque foi engañoso: aos trece minutos o Tyde colocouse 0-2  grazas a dúas accións illadas que castigaron algúns despistes locais. Parecía que a tarde se torcía, pero este Choco ten carácter e resposta. A remontada foi progresiva e contundente. Alejandro, cun dobrete, Borja e Iago firmaron os catro goles que lle deron a volta ao marcador e deixaron os tres puntos en Santa Mariña.

Alberto Rabadán, o adestrador, saíu encantado: “Foi un partido moi completo, moi ben xogado. A pesar das imprecisións o partido saíu ben porque chegabamos con facilidade á portaría e demostramos superioridade. Estou moi contento. Seguimos loitando polo obxectivo que é facer 40 puntos, manter o nivel de xogo alto e tratar de evitar encaixar goles innecesarios”.

Con esta vitoria o Choco alcanza os 17 puntos, sobe ao oitavo posto e mantén o seu fortín como local, onde segue transmitindo moita solidez. O obxectivo segue sendo o mesmo: chegar aos 40 puntos canto antes, consolidar este nivel de xogo alto e intentar reducir eses goles evitables que aínda aparecen de cando en vez.

A próxima xornada, exame de nivel: visita ao Pontevedra B, sexto clasificado e un dos equipos máis en forma da categoría. No vestiario teñen claro que será un duelo “cara a cara” contra un auténtico “equipazo”, pero chegan con confianza e coa idea de seguir sumando.

Primeira Galicia: SD Agolada 3-3 CD Arcade

Con este empate a tres ante o Agolada, o CD Arcade mantense firme na zona tranquila da táboa, con 15 puntos, e xa pensa no próximo compromiso: o domingo que vén reciben ao Flavia SD.

Segunda Galicia: Soutomaior CF 2-0 CD Bueu

O Soutomaior impúxose con autoridade ao CD Bueu por un claro 2-0 e colleron aire na táboa. Os goles da tarde chegaron da bota de Daniel e de Jose Carlos, dous tantos que desataron a alegría nas gradas do campo Municipal Graciano Padín.

Con esta vitoria, o equipo sobe ata a novena posición con 14 puntos e mantén a boa dinámica como local. O próximo domingo terán un desprazamento complicado: visitan ao UDSM Deiro. Tres puntos de ouro para seguir mirando cara arriba.

Terceira Galicia – Grupo Vigo: Club Peñasco 2-1 Atlético de Villar
Derrota do Atlético de Villar na súa visita ao Peñasco (2-1), pero seguen mandando na clasificación.

A pesar do tropezo, manteñen o liderado con 25 puntos e sácanlle aínda dous ao inmediato perseguidor, o AD Lavadores. Borja marcou o único gol nun partido moi disputado no que os puntos quedaron en casa do rival.

Agora toca levantar a cabeza rápido: a próxima fin de semana reciben ao Descanso Sampayo, unha gran oportunidade para volver á senda da vitoria ante a súa afección e consolidar ese primeiro posto.

Terceira Galicia – Grupo Vigo: Chapela CF 3-2 Atletico Huracan de Zamans     

Vitória sufrida pero de ouro para o Chapela no Campo de Parada. Impuxéronse por 3-2 a un loitador Atlético Huracán de Zamáns nun partido entretido e cheo de alternativas.

Adrián, cun dobrete , e Antoni foron os goleadores da tarde cos tres tantos que lle dan ao Chapela tres puntos vitais. Con esta vitoria, o equipo sobe ata a sexta posición da táboa con 19 puntos e segue na loita.

A próxima xornada esperan un desprazamento complicado: visitan ao Cabral FC, o colista da categoría, que está moi necesitado de puntos e seguro que venderá caro calquera resultado no seu campo. Tres puntos que saben a gloria e que manteñen viva a ilusión.

Terceira Galicia – Grupo Pontevedra: CD Cesantes 2-1 EF Villa de Marín
O Cesantes non solta o trono. Recuperaron rapidamente a senda da vitoria tras impoñerse por 2-1 ao EF Villa de Marín nun partido intenso no Campo da Gándara.

Imad e David foron os autores dos goles que valeron tres puntos. Con esta vitoria, o Cesantes chega aos 23 puntos e abre tres de vantaxe sobre o Poio, o seu inmediato perseguidor. A loita polo podio está en vermello, pero o próximo domingo teñen unha boa oportunidade de consolidarse na cima: visitan ao CD Mosteiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará