Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paso a nivel de Cesantes será substituído por un paso soterrado para mellorar a seguridade

paso a nivel dcesnates

A renovación da liña ferroviaria que está a acometer ADIF contempla a supresión do actual paso a nivel de Cesantes así como unha renovación integral do tramo ferroviario Redondela-Arcade cun investimento de 22,6 millóns de euros. A actuación desenvolverase ao longo de 7,8 km e inclúen ampliación de túneles, mellora de infraestruturas e a supresión do paso a nivel de Cesantes.

O Concello de Redondela acolleu con satisfacción o anuncio do Ministerio que contempla a eliminación “do único paso a nivel existente, situado en Cesantes, ao norte do apeadeiro da parroquia”. O paso a nivel, de uso peonil, será substituído por un paso baixo a vía de 2,5 metros de ancho e 3 metros de altura.

A alcaldesa Digna Rivas móstrase moi satisfeita con este anuncio do Goberno central xa que a reforma permitirá mellorar “a seguridade e a mobilidade nesta zona da parroquia de Cesantes”. Ademais, no conxunto do tramo que se vai a renovar “aumentarase a fiabilidade da rede ferroviaria cunha mellora da calidade do servizo para a cidadanía”. Esta renovación integral fará posible o incremento dos tráficos, tanto de pasaxeiros como de mercadorías, á vez que se mellora a calidade do servizo

Digna Rivas, Alcaldesa de Redondela

O Ministerio de Transportes iniciou o procedemento expropiatorio dos terreos necesarios para a execución dos traballos e convoca aos propietarios ao levantamento de actas previas, que terá lugar o 10 de decembro. Esta actuación poderá ser cofinanciada polo Mecanismo “Conectar Europa” (CEF), unha iniciativa destinada a mellorar a conectividade ferroviaria na UE.

Reforma da estación de Redondela e novo apeadeiro en Chapela

Por outra banda xa están en marcha na estación de Redondela os traballos de remodelación e mellora coa instalación de ascensores, equipamento do paso inferior, renovación de aseos e outras instalacións, e obras na praza de acceso. Rivas agradece o compromiso de Adif que, deste xeito, avanza na modernización da liña e dos servizos que presta aos viaxeiros e viaxeiras en Redondela.

Por outra banda Adif executa os traballos dentro da modernización do tramo Vigo-Guixar e Guillarei, cun investimento de 32,7 millóns de euros, que inclúe a construción do novo apeadeiro de Chapela. Situarase na contorna da Alameda Rosalía de Castro e a zona coñecida como “Campito”. O novo apeadeiro terá unha plataforma de 220 metros e a parroquia de Chapela contará así cunha parada ferroviaria para o tren Rexional que parte desde Vigo-Guixar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará