Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Floriani acolle unha nova sesión sobre saúde mental

federación anpas

“Acompañando as nosas fillas e fillos” é o título da  actividade que organiza a Federación de ANPAS de Redondela o vindeiro martes 25 de novembro en horario de 18:00 a 20:00 horas no Ies Pedro Floriani. Esta charla é un espazo deseñado para que nais e pais poidan compartir, reflexionar e atopar recursos para coidar a súa saúde mental na vida diaria. Achegaranse ferramentas para poder interpretar as diferentes problemáticas para axudar a toda a familia a crear un entorno saúdable.

A federación de Anpas tenta poñer a súa achega ao benestar da comunidade ofrecendo estas charlas as familias e tamén con intervención directa nas Aulas dos centros de secundaria de Redondela e Pazos. Estas actividades parten do compromiso das Anpas coas temáticas que máis preocupan as familias como é o benestar e saúde mental da xuventude nunha sociedade con grandes cambios, sendo o mais importante a crecente importancia das redes sociais, e de todo os cambios relacionados co mundo dixital e os cambios sociais nas relacións entre as persoas que levan aparellados este novo entorno.

Data e Hora: 25 de novembro, de 18:00 a 20:00

Lugar: IES Pedro Floriani (Redondela)

Inscricións: A través do seguinte formulario en liña: https://forms.gle/qT4mDJsopmNDHaAR9

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará