Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A rotonda da Feira de Arcade e a transformación da Avenida Castelao serán realidade no 2026

entrada souto

O proxecto de remodelación da Avenida Castelao, que coincide no seu trazado co tramo da N-550 que cruza o centro de Arcade, levarase a cabo en dúas fases. A primeira actuación consistirá na creación dunha rotonda no barrio da Feira, que se licitará no vindeiro 2026. A  segunda fase acometerá a transformación da saída norte e da travesía. A obra será posible unha vez que o Concello logrou o beneplácito do Ministerio de Transportes.

O proxecto da rotonda no barrio da Feira está xa en fase de redacción, paso previo imprescindible para a súa licitación e execución.  O proxecto busca transformar a estrada, que actualmente presenta un fondo deterioro, nunha rúa máis amable para a veciñanza coa pacificación e calmado de tráfico, humanización e sostenibilidade, maior calidade urbana, ambiental e paisaxística. En definitiva, mellorar a coexistencia entre as persoas e os vehículos, integración paisaxística, redución de accidentes, mellorar os tránsito de peregrinos do Camiño de Santiago e conseguir un espazo atractivo para as e os peóns.

Neste senso, o alcalde, Manu Lourenzo dixo que “estamos vendo como sae adiante un proxecto que ata o de agora era imposible sae adiante” polo que agradeceu “o traballo do Goberno e Ministerio, e especialmente, da senadora do BNG, Carme da Silva, pola súa implicación con esta proxecto e co concello de Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará